Debates científicos da 3ª avaliación: Ufoloxía

Ola.

Vou propoñervos o sétimo dos debates científicos deste curso (primeiro nesta avaliación). Trata sobre a Ufoloxía. Puntuarase a participación con interese no debate do tema. Se fas un comentario, tes que rematalo poñendo o teu nome e apelidos, e dicindo a clase na que estás e o teu número de clase.

Ufólogos

A Ufoloxía é o estudo do fenómeno OVNI coa análise de material como fotografías, vídeos, presuntos testemuños sobre avistamentos, etc. co obxecto de propor hipóteses sobre a súa procedencia.

Algúns ufólogos din que este fenómeno probablemente xa sería coñecido por distintas culturas e civilizacións que relataban este tipo de sucesos por vía oral ou mediante debuxos e pinturas rupestres, que. exhiben certos obxectos ou seres antropomorfos descoñecidos que poden ser interpretados suxerentemente como Ovnis ou ovninautas. Algúns críticos argumentan, con todo, que poderían ser metáforas empregadas nos relatos relixiosos.

Aínda que xa existían numerosos casos esporádicos anteriores, o primeiro caso importante desta fenomenoloxía foi o 24 de xuño de 1947, cando Kenneth Arnold informou sobre nove inusuais obxectos volantes preto de Washington. Describiu os obxectos como dun brillo cegador que reflectía os raios solares, o seu voo era «errático» e a unha «tremenda velocidade». Diversos medios informaron cumpridamente sobre a historia de Arnold, e esta tómase como a fonte do interese moderno polos ovnis.

Para os ufólogos, as principais hipóteses da orixe destes fenómenos son:

  • A hipótese extraterrestre, a máis coñecida, di que habitantes doutros planetas nos visitan nas súas naves espaciais. Os seus partidarios apóianse en teorías científicas non demostradas como o hiperespacio, os buracos de verme, etc., e en velocidades ou aceleracións que desafían as leis da física, dadas as xigantescas distancias que hai entre nós e as estrelas máis próximas.
  • A hipótese intraterrestre defende a existencia de civilizacións subterráneas moi evolucionadas.
  • A hipótese interdimensional afirma que a orixe das naves estaría noutras dimensións dentro doutros planos do noso Universo, ou en dimensións non pertencentes ao noso universo.
  • A hipótese intertemporal afirma que a orixe das naves estaría noutros lugares correspondentes a outros tempos (pasado ou futuro), ou a outros planos temporais.

Escepticismo científico

Segundo os científicos, a ufoloxía é unha pseudociencia que alcanzou gran difusión social grazas á cultura popular, que os asocia xeralmente a seres extraterrestres; relacionándoos con temas tales como as abducións. Aínda que nalgúns casos pode non haber de momento unha explicación científica coherente, en moitos outros demostrouse que se trataba de feitos falsos ou terxiversados, preparados para enganar á sociedade e ter repercusión pública. Sinálase tamén que non ten a estrutura dunha ciencia natural.

Outra crítica que se realiza é a do uso comercial sobre os temas da ufoloxía, principalmente a través da venda de libros, novelas e revistas, ademais da realización de programas (radio, televisión, etc) e outras actividades coas cales se lucran e gañan fama moitos ufólogos, que tratan de manter o fenómeno ovni como un tema atraente.

Para os científicos escépticos, as principais hipóteses da orixe destes fenómenos son:

  • A hipótese natural defende que todos os avistamentos de ovnis teñen a súa orixe en fenómenos naturais con explicación científica, como os raios en bóla, as ilusións ópticas ou os corpos celestes brillantes.
  • A hipótese psicopatolóxica defende que a orixe do fenómeno estaría en posibles alucinacións ou malas interpretación (individuais ou colectivas) dos suxeitos que cren avistar o ovni e que fan crer aos seus sentidos que o que ven é real; cando a súa orixe está na súa mente.
  • A hipótese da orixe humana defende que os ovnis son prototipos avanzados de avións de orixe humana baixo alto segredo militar.

3 comentarios sobre “Debates científicos da 3ª avaliación: Ufoloxía

  1. Si me pongo en la posición de defender la ufología descartaría la hipótesis intraterrestre y la atemporal del pasado, ya que, en mi opinión, es imposible que haya seres dentro de nuestro planeta por la composición que tiene y también me extrañaría que viajaran del pasado debido a que conocemos bastante bien la historia de nuestro planeta y sus civilizaciones. Estos argumentos sería si yo creyese en la ufología, pero me sitúo en el lado de los científicos escépticos.

    Hugo Martín Ramilo

    4ºB ESO

    nº 15

    Me gusta

  2. En general, la ufología ha sido objeto de críticas y escepticismo por parte de la comunidad científica debido a la falta de evidencia científica sólida que respalde las afirmaciones sobre la existencia de vida extraterrestre visitando la Tierra en naves espaciales. Muchas observaciones de OVNIs han sido atribuidas a fenómenos naturales, errores de percepción humana, actividades militares secretas u otros factores.

    Me gusta

Deja un comentario