Biografías de científicos da 3ª avaliación

Ola alumnos.

Parte da nota do blogue dependerá dos traballos de investigación INDIVIDUAL que me enviedes por correo electrónico, coa biografía dos científicos que vedes na seguinte listaxe. A listaxe desta 3ª avaliación consta de CIENTÍFIC@S GALEG@S:

  • Ángel Baltar Cortés
  • Ángel Carracedo
  • Ángela Ruiz Robles
  • Antonio Casares Rodríguez
  • Casto Sampedro
  • Cruz Gallástegui
  • Domingo Fontán
  • Florentino Cuevillas
  • Inmaculada Paz Andrade
  • Isabel Zendal
  • Isidro Parga Pondal
  • José Cornide
  • Juan Jacobo Durán Loriga
  • Luís Freire
  • María Barbeito
  • María de los Ángeles Alvariño
  • María Wonenburger
  • Olimpia Valencia
  • Padre Feixoo
  • Padre Sarmiento
  • Pedro Sarmiento de Gamboa
  • Ramón de la Sagra
  • Ramón María Aller
  • Ramón Verea
  • Roberto Novoa Santos
  • Víctor López Seoane
  • Xoán Vicente Viqueira
  • Xosé Rodríguez Carracido

Lembrade varias cousas sobre a entrega destes traballos:

– O prazo de entrega remata o 14 DE XUÑO DE 2024, ás 12 da noite. Pero hai varios prazos intermedios, que serán os días 21-abril, 12-maio e 26-maio.

– O traballo debe presentar os seguintes parámetros de maquetación:

  • Tipografía Times New Roman de 12 puntos,
  • Interlineado sinxelo
  • Marxes de 2 centímetros
  • A portada e o índice deben ocupar páxinas diferentes
  • Este traballo é individual, e para poder certificalo, cada alumno/a debe presentar as biografías nunha orde diferente, relacionada coas iniciais do seu nome e apelidos. Se o traballo enviado non cumpre esta condición, NON será ACEPTADO. Por exemplo, unha persoa chamada Roberto Catoira Viñán debería ordear as biografías do seguinte xeito:
    • Primeiro as que comezan pola letra R (inicial de Roberto)
    • Despois as que comezan pola letra C (inicial de Catoira)
    • Despois as que comezan pola letra V (inicial de Viñán)
    • Por último, todas as demais, ordeadas do A ao Z.

– Cada alumno/a só poderá enviar, nese tempo, UN correo electrónico que conteña UN arquivo adxunto.

– A nota poñerase en función da calidade e cantidade dos traballos presentados nese arquivo e da data na que se envíen. Canto máis completos e mellor presentados estean, será posible conseguir máis nota. E canto antes cheguen, tamén. No seguinte enlace tes a rúbrica ou matriz de avaliación que vos permitirá consultar estes criterios.

– Os traballos deben enviarse por Educamos (ou excepcionalmente ao enderezo electrónico robertocv@escolapiosacoruna.es).

Saúdos. O profesor de TICs.