Aventura de investigación informática – Curso 2023/2024 – 3ª avaliación

Ola.

Este é o traballo (en grupos de 2 ou 3 persoas) que tedes que facer nesta 3ª avaliación.

  1. Investiga sobre unha potente empresa informática chamada PACKARD BELL.
  2. Unha das linguaxes de programación máis utilizadas chámase ALGOL. Dinos todo o que saibas sobre ela.
  3. Unha das marcas de memoria RAM que máis se instala nos ordenadores actuais é CORSAIR. Averigua cales poden ser as razóns.
  4. UNIX era o nome que recibiu un sistema operativo que foi punteiro durante moitos anos. Dinos a que se debeu isto.
  5. Unha das plataformas de blogs máis utilizadas actualmente é BLOGGER. Explícanos a que se debe.
  6. Averigua todo o que poidas sobre LEXMARK, unha das marcas de impresoras máis vendidas do mercado.

ASPECTOS A TER EN CONTA

• Tódolos puntos anteriores deben ser desenvolvidos coa maior claridade e extensión posible (pero iso si, mantendo o interese do tema, e non metendo información irrelevante para ampliar o tamaño do traballo). Cada unha das preguntas anteriores debe dar lugar a un capítulo do traballo. E cada capítulo debe ter un título moi visible (tamaño letra 20) e estar ao comezo dunha páxina nova.
• Podedes utilizar o tipo de letra que queirades (sempre que sexa comodamente lexible) pero o tamaño ten que ser de 12 puntos, e todas as marxes da folla teñen que ser de 2 cm.
• Para cada capítulo do traballo, debedes indicar todos os libros, enciclopedias ou páxinas de Internet onde se obtivo a información. Esa información debe estar toda agrupada no índice ou nunha sección específica, ao final do traballo, pero especificando as fontes de cada capítulo.
• Contando portada, índice e bibliografía, o traballo debe ter unha extensión mínima de VINTE páxinas. Na rúbrica indícase a variación de nota en función do número de páxinas.
• O traballo é EN GRUPO. Os grupos deben estar formados por DÚAS ou TRES persoas. No índice do traballo debe constar de cal dos seis capítulos vos gustaría elaborar unha presentación audiovisual (tipo powerpoint ou similar).
• Como acaba de dicirse, todos os grupos terán a oportunidade de realizar unha presentación sobre un dos capítulos do traballo. Esa presentación podería modificar á alza lixeiramente a nota do traballo. Canto antes se entregue o traballo, máis posibilidades hai de que poidades elixir o capítulo que desexades.
• Ademais da calidade e extensión do traballo, puntuará positivamente na nota o tempo que se tarde en realizar e ser entregado: canto antes se presente, maior poderá será a nota (consultar prazos).
• Unha vez obtida a nota final do grupo, multiplicarase polo número de integrantes, e deberán repartirse esa puntuación total entre todos os integrantes, en función dos seus méritos.
• Os traballos deben enviarse por Educamos (ou excepcionalmente ao enderezo electrónico robertocv@escolapiosacoruna.es).

Lembrade que os prazos de entrega, que permiten optar a máis ou menos nota, son os seguintes:

– Ata o domingo 14 de abril (incluído): podedes optar a unha nota máxima de 10.

– Ata o domingo 28 de abril (incluído): podedes optar a unha nota máxima de 9.

– Ata o venres 3 de maio (incluído): podedes optar a unha nota máxima de 8.

Polo tanto, o prazo remata definitivamente ás 12 da noite do VENRES 3 DE MAIO DE 2024. As presentacións audiovisuais (powerpoints) deben ser enviadas ao profesor antes das 12 da noite do XOVES 16 DE MAIO DE 2024.

Podedes consultar no seguinte PDF os criterios de puntuación destes traballos:

Despois de realizar o traballo en grupo coñecido como “Aventura de investigación”, aínda podedes subir un pouco máis a nota realizando unha presentación audiovisual sobre un dos seus capítulos. Aquí tedes os criterios de puntuación que vos permitirán subir a nota ata 1 punto.

Os traballos e os powerpoints deben enviarse por Educamos (ou excepcionalmente ao enderezo electrónico robertocv@escolapiosacoruna.es).

Saúdos. O profesor de TICs.