Debates científicos da 3ª avaliación: Relación entre Robots e Humanos

Ola.

Vou propoñervos o noveno dos debates científicos deste curso (xa é o terceiro nesta avaliación e último do curso). Trata sobre a Relación entre Robots e Humanos. Puntuarase a participación con interese no debate do tema. Se fas un comentario, tes que rematalo poñendo o teu nome e apelidos, e dicindo a clase na que estás e o teu número de clase.

A palabra “robot” foi utilizada por primeira vez en 1921 polo escritor checo Karel Capek no mundo da literatura, e provén do termo robota (traballo obrigado) da súa lingua (checo).

Na actualidade a definicións máis aceptada de robot é a de “máquina creada e programada polo home co fin de facilitarlle as diferentes tarefas que debe levar a cabo e que as realiza de forma automatizada”.

A creación e fabricación de calquera robot debe cumprir tres leis que foron enunciadas por Isaac Asimov:

  • Un Robot non pode facer dano a un ser humano ou, mediante a inacción, que un ser humano sufra danos
  • Un Robot debe de obedecer as ordes dadas polos seres humanos, agás que isto provoque un conflito coa primeira lei
  • Un Robot debe protexer a súa propia existencia, a non ser que provoque un conflito coas dúas primeiras leis

Estas leis foron enunciadas por Isaac Asimov co obxectivo de tentar que a finalidade inicial para a que se orixinou a robótica non fose modificada e iso ocasionase problemas á humanidade.

Estanse desenvolvendo unhas leis éticas, que pretenden establecer os límites ata os que podemos chegar para que estas máquinas sempre sexan controladas polos humanos. Esta idea xorde como consecuencia dos grandes avances obtidos neste campo, e de que cada vez teñen estas máquinas máis intelixencia.

Antes de nada destacar que a principal característica que distingue ao home das maquinas é o cerebro, é dicir, a capacidade que ten de razoar, sentir, etc. Somos complementarios humanos e robots porque as nosas mellores virtudes son totalmente diferentes. No caso dos humanos podemos destacar como o razoamento e a capacidade de aprendizaxe, mentres que os robots posúen a virtude de realizar operacións a gran velocidade e con absoluta precisión.

Non obstante a gran cantidade de avances que se están logrando no campo da intelixencia artificial e as redes neuronais, en tentar dotar aos robots dunha aprendizaxe propia, fainos reflexionar a todos e pensar se chegará o día en que sexamos iguais e non podamos nin sequera diferenciarnos. O que nunca se nos pode esquecer a ninguén é que o ser humano é o encargado da creación das máquinas e de establecer os métodos de aprendizaxe así como os seus límites.

A capacidade dos computadores é tal que en moitas ocasións puidemos observar enfrontamentos entre máquinas e humanos, onde en máis dunha ocasión fomos superados, como na partida de xadrez entre Gary Kasparov e o ordenador Deep Blue.

Podemos salientar algúns dos últimos avances logrados no campo da robótica:

  • Robots con rostros humanos: maior dificultade para diferenciar aos humanos dos robots.
  • Control dunha pomba viva: con electrodos no seu cerebro, como un xoguete teledirixido.
  • Robots con emocións: preténdese dotalos dunha capacidade de aprendizaxe a partir das emocións.
  • Cerebro para os Robots: crearon un cerebro artificial para dotalos duns movementos máis humanos. Pode ter unha repercusión en enfermidades como Parkinson ou o Alzheimer.

O prestixioso inventor e científico Raymond Kurzweil di estar convencido «de que teremos tanto o hardware como o software para nivelar a intelixencia artificial á humana, con toda o que implica a intelixencia humana -é dicir, intelixencia emocional incluída-, para 2029″.

Di que teremos implantados nanobots no cerebro, que interactuarán directamente coas neuronas biolóxicas, para mellorar a intelixencia e a saúde, e así robots e humanos eventualmente volveranse un.

10 comentarios sobre “Debates científicos da 3ª avaliación: Relación entre Robots e Humanos

  1. Eu creo que está ben o avance dos robots pero con unha serie de medidas como que non poden ter nin rostro humano nin emocions para que non poda por a seguridade da raza humana en perigo

    Me gusta

  2. Personalmente, creo que la relación entre robots y humanos es un área fascinante y compleja que está en constante evolución. Por un lado, los avances en la robótica y la inteligencia artificial tienen el potencial de mejorar nuestras vidas de muchas maneras, desde la automatización de tareas tediosas hasta la asistencia en la atención médica y la exploración espacial. Sin embargo, también es crucial abordar las preocupaciones éticas y sociales que surgen a medida que los robots se vuelven más prominentes en nuestra sociedad.

    Me gusta

  3. En mi opinión es positivo que avancen los robots porque pueden ayudarnos en muchos ámbitos, aunque siempre con cuidado para que no puedan ser un peligro para nosotros en un futuro.

    Borja Suárez Docabo 4ºA

    Me gusta

  4. A mi me gustan los robots. Son un avance muy importante. Cada día nos ayudan en nuestros trabajos. Mi madre no sabría vivir sin su robot aspirador

    Nico Lopez Rodriguez – 4c ESO – Nº 14

    Me gusta

  5. Creo que la relación entre robots y humanos es un tema complejo y en constante evolución. Por un lado, los robots pueden ser herramientas útiles y beneficiosas para los humanos, ya que pueden realizar tareas repetitivas, peligrosas o tediosas de manera más eficiente y precisa que los seres humanos. Por otro lado, existe la preocupación de que los robots puedan reemplazar a los humanos en ciertos puestos de trabajo, lo que podría generar desempleo y desigualdad económica.

    Hugo Martín Ramilo 4B nº15

    Me gusta

  6. Eu creo que convivir robots e humanos está ben porque nos axudan en moitas tarefas e fan que sexa máis fáciles pero hay que ter coidado porque se collen demasiada intelixencia podería supoñer un perigo para a raza humana.

    Adrián Rico Sánchez 4ºA Nº 20

    Me gusta

  7. A convivencia entre os robots e os humanos é boa debido a que nos axudan nalgunhas tarefas pero podería chegar a ser malos para a raza humana se os robots adquiren demasiada intelixencia.

    Adrián Rico Sánchez 4ºA Nº20

    Me gusta

  8. Persoalmente penso que a relación entre os robots e os humanos é complexa e cambiante, e require unha reflexión continua e unha regulación adecuada para garantir unha convivencia harmoniosa e beneficiosa para ambas as partes.

    Álvaro Abelenda Rodríguez

    4ºB

    Nº01

    Me gusta

  9. Estoy a favor del desarrollo de robots e inteligencia artificial, siempre y cuando se haga de forma responsable. Es importante tener reglas claras para que estas tecnologías nos beneficien sin causar problemas. Trabajar juntos, humanos y robots, puede ser muy positivo, pero debemos asegurarnos de mantener el control para evitar riesgos.

    Yago Vázquez Mariño
    4ºC ESO
    Número 27

    Me gusta

Deja un comentario