Recursos, criterios de puntuación e lista de exercicios de Robótica de TICs de 1ºBacharelato

Ola.

Durante a 2ª avaliación do curso 2023-2024, na materia de TICs de 1ºBacharelato, teredes que aprender algo de Robótica. Os criterios de puntuación serán os seguintes:

  • Realizar completa a lista de exercicios que vén na seguinte lista dará 7,5 puntos neste apartado.
  • Os 2,5 puntos restantes dependerán da vosa participación na elaboración do videoxogo para ASPACE, dentro do proxecto “Talentos Inclusivos”.

A lista de exercicios de Robótica é a seguinte:

Aquí tedes unha pequena guía da placa robótica Micro:Bit:

E aquí tedes varios manuais que vos poden resultar útiles (MakeCode, Scratch 3.0 e Manual básico de programación informática):

Saúdos. O profesor de TICs.